DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 30 de agosto de 2024 Páx. 49055

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de agosto de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Vilar e Saxamonde (concello de Redondela) ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22035).

Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade do acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 26 de xuño de 2024, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de Vilar e Saxamonde (concello de Redondela), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22035).

Feitos.

Primeiro. O 27.9.2022, o presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de Vilar presentou no rexistro electrónico da Xunta de Galicia, con núm. de entrada 2022/2365355, solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Vilar (Redondela) e a CMVMC de Saxamonde (Redondela).

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC do Vilar (ID monte: 3088) da CMVMC de Vilar.

– MVMC de Saxamonde (ID monte: 3085) da CMVMC de Saxamonde.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento, consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:

• Acta do deslindamento do 29.1.2022

• Acta de conciliación X53 Conciliación 0000561/2022 entre as comunidades no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2, o 20.10.2022

• Certificado do secretario da CMVMC de Vilar, coa conformidade do presidente, do 29.6.2022, da aprobación na asemblea do 23.9.2021

• Certificado do secretario da CMVMC de Saxamonde, coa conformidade do presidente, do 4.8.2022, da aprobación na asemblea do 26.6.2022

• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829, asinado o 3.11.2023 pola enxeñeira técnico forestal colexiada núm. 482 do COETF de Galicia. A emenda realizada produce a modificación desta.

• Informe de validación gráfica catastral 7CGW8AAFX3248TQB e 39AWBF0GBNWYG0QX (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012) que, polo principio de colaboración entre administracións, deberá verificar a Xerencia Territorial do Catastro

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 1056 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto P.01

x: 532.461,40

y: 4.676.756,20

Punto P.02

x: 532.393,36

y: 4.676.898,45

Punto P.03

x: 532.178,99

y: 4.677.289,73

Punto P.04

x: 531.984,60

y: 4.677.486,34

Punto P.05

x: 531.793,91

y: 4.67.7597,88

No traballo de gabinete establécense seis puntos de deslindamento secundarios; catro respectan o dominio público da estrada (C.01, C.02, C.03, C.04), polo que nestes tramos non existe estrema entre ambos os montes (o deslindamento realizarase coa Administración competente), e dous respectan a propiedade particular (F.1, F.2), polo que neste tramo non existe estrema entre ambos os montes (o deslindamento realizarase coa propiedade particular).

Punto C.01

x: 532.410,76

y: 4.676.862,08

Punto C.02

x: 532.406,81

y: 4.676.870,34

Punto C.03

x: 532.119,84

y: 4.677.349,55

Punto C.04

x: 532.119,84

y: 4.677.349,55

Punto F.1

x: 532.446,25

y: 4.676.787,87

Punto F.2

x: 532.434,17

y: 4.676.813,13

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC, detéctase que existe estrema entre ambas, coa excepción de dous tramos, quedando xustificada:

– Entre o punto P.01 e o punto P.02 a liña do deslindamento entra no concello de Mos uns 35 metros, xustificado nun erro de precisión do límite do Instituto Xeográfico Nacional duns 35-40 metros.

– Entre o punto P.04 e o P.05 a estrema queda xustificada pola titularidade catastral.

En ambos os tramos a estrema quedaría xustificada coa revisión de esbozo da CMVMC de Vilar (RE22046).

O punto P01 invade a parcela con referencia catastral 36033A00100187 e o punto P05 invade a parcela con referencia catastral 36045A05400237, ambas con titularidade catastral particular. Revisada a memoria técnica, xustifícase por unha pequena desviación na cartografía catastral con respecto á realidade e non afecta terceiros propietarios.

O deslindamento está formado por catro tramos:

Tramo 1: punto P.01 -punto F.1.

Tramo 2: punto F.2-punto C1.

Tramo 3: punto C2-punto C3.

Tramo 4: punto C4-punto P.05.

A liña do deslindamento non respecta a liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Redondela e Mos.

A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación. A CMVMC de Vilar presenta RE22046 e a CMVMC de Saxamonde realiza un axuste para que o deslindamento sexa coincidente no punto inicial e final coa planimetría do resto do esbozo que non se modifica.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.

Consideracións legais e técnicas.

Primeira. A presente resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de Vilar e a CMVMC de Saxamonde, ambas no concello de Redondela, respecto da súa estrema común, nos termos indicados no feito terceiro.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente notificación, de acordo co disposto no artigo 123 e 124 Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 12 de agosto de 2024

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común