Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao Acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 26 de xuño de 2024, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de San Xurxo (concello de Salceda de Caselas) e Budiño (concello do Porriño), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22034).
Feitos:
Primeiro. O 27.9.2022 o presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de San Xurxo presenta no rexistro electrónico da Xunta de Galicia co núm. de entrada 2022/2364469, solicitude de deslindamento entre a CMVMC de San Xurxo (Salceda de Caselas) e a CMVMC de Budiño (O Porriño).
Os Montes Veciñais en Man Común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de San Xurxo de Salceda (ID Monte: 3108) da CMVMC de San Xurxo.
– MVMC de Cerola, Faro e outros, Gándaras de Prado e Trapa (ID Monte: 2979) da CMVMC de Budiño.
Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:
• Acta do apeo do deslindamento o 30.5.2022.
• Acta de conciliación X53 conciliación 0000494/2022 entre as comunidades no Xulgado de Primeira Instancia núm. 1 do Porriño o 18.11.2022.
• Certificado do secretario da CMVMC de Budiño coa conformidade do presidente do 21.7.2022 da aprobación en Asemblea do 3.7.2022.
• Certificado do secretario da CMVMC de San Xurxo coa conformidade do presidente do 26.8.2022 da aprobación en Asemblea do 21.8.2022.
• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 19.1.2024 pola enxeñeira técnica forestal colexiada núm. 482 do COETF de Galicia.
• Informe de validación gráfica catastral con CSV: PKFB7WHQ45J02QCT e 0T88SH6CYGPXQST3 (para a comunicación da alteración catastral consonte o art. 55.3 da Lei 7/2012) que, polo principio de colaboración entre administracións, deberá verificar a Xerencia Territorial de Catastro.
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 1.755 metros e está composta polos seguintes puntos:
Punto P.01- x: 534.797,87 y: 4.664.085,13
Punto P.02- x: 534.677,23 y: 4.663.658,06
Punto P.03- x: 534.652,56 y: 4.663.306,51
Punto P.04- x: 534.639,63 y: 4.663.053,95
Punto P.05- x: 534.627,50 y: 4.662.829,45
Punto P.06- x: 534.618,78 y: 4.662.691,66
Punto P.07- x: 534.614,88 y: 4.662.579,78
Punto P.08- x: 534.545,43 y: 4.662.381,47
Punto P.09- x: 534.521,64 y: 4.662.313,54
No traballo de gabinete establécense seis puntos de deslindamento secundarios para respectar o dominio público e as propiedades particulares, polo que nestes tramos non existe a condición de lindeiros entre ambos os montes:
Punto S.01- x: 534.721,95 y: 4.663.816,37
Punto S.02- x: 534.721,03 y: 4.663.813,11
Punto S.04- x: 534.650,48 y: 4.663.266,02
Punto S.05- x: 534.646,67 y: 4.663.191,61
Punto S.06- x: 534.646,32 y: 4.663.184,77
Entre o punto S.01 e o punto S.02 respéctase o dominio público hidráulico (o deslindamento realizarase coa Administración competente). O punto P.03 e o tramo entre o punto S.05 e o punto S.06 respéctase o dominio público da estrada (o deslindamento realizarase coa Administración competente).
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos MVMC detéctase que existe a condición de lindeiros entre ambos, a excepción de dous tramos localizados nos extremos da liña de deslindamento onde o esbozo da CMVMC de Budiño non linda co esbozo da CMVMC de San Xurxo, quedando xustificada a condición de lindeiros pola titularidade catastral das parcelas que interveñen no deslindamento. E considérase que a liña de deslindamento non afecta terceiros propietarios.
O deslindamento está formado por 4 tramos:
Tramo 1: punto P.01 – o punto S.01
Tramo 2: punto S.02 – o punto P.03
Tramo 3: punto S.04 – o punto S.05
Tramo 4: punto S.06 – o punto P.09
O punto P.01 é o punto no que converxen a CMVMC de Budiño, a CMVMC de San Xurxo e a CMVMC de Picoña e coincidente co expediente de revisión de esbozo RE22061 da CMVMC de Picoña.
O punto P.01 (da acta de apeo) converxe practicamente co punto 15 do expediente de deslindamento da CMVMC de Atios executado pola Administración Forestal. O Servizo de Montes propón de oficio que as coordenadas do punto P.01 sexan coincidentes coas coordenadas do punto 15 do deslindamento administrativo.
A liña do deslindamento non respecta exactamente a liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Salceda de Caselas e O Porriño.
A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación. Ambas as comunidades achegan uns axustes para que o deslindamento sexa coincidente no punto inicial e final co resto da planimetría do esbozo que non se modifica. Tendo en conta os axustes que achega a CMVMC de Budiño, modifícase de oficio a cartografía do esbozo respectando o deslindamento administrativo da CMVMC de Atios.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. A presente resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado, por unanimidade dos seus membros,
ACORDA:
Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de San Xurxo (Salceda de Caselas) e a CMVMC de Budiño (O Porriño) respecto da súa estrema común nos termos indicados no feito terceiro.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Pontevedra, 12 de agosto de 2024
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común
