DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 30 de agosto de 2024 Páx. 49001

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2024 pola que se convocan, para a elección de destino, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á escala técnica superior de administración, correspondente ao proceso de estabilización extraordinaria de emprego temporal convocado mediante a Resolución do 5 de decembro de 2022.

Mediante a Resolución reitoral do 5 de decembro de 2022 (DOG do 16 de decembro de 2022 e BOE do 30 de xaneiro de 2023) convócanse probas selectivas para cubrir, polo sistema de acceso libre, as prazas de PAS funcionario e PAS laboral do marco de estabilización extraordinaria de emprego temporal. Con data do 4 de xullo de 2024, o tribunal publica a relación definitiva parcial de persoas aspirantes que superaron as probas selectivas correspondentes aos postos de PAS funcionario dos subgrupos A1 e C1.

Coa finalidade de dar cumprimento ao establecido no punto 9 da convocatoria, para que as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo soliciten destino,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo correspondente ás prazas da escala técnica superior de administración e acreditaron o cumprimento dos requisitos establecidos na base 8 da convocatoria que, segundo a base 9.1, son convocadas á elección de destino, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, se deberá seguir para os efectos da adxudicación de destino.

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución.

Terceiro. No prazo máximo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionarán por orde de prelación os destinos ofertados, empregando o formulario dispoñible na sede electrónica da USC https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/RHHH_eleccionDestinos.htm, para o cal empregarán os medios de identificación que se establecen na base 3.3 da Resolución do 5 de decembro de 2022 pola que se convocaba o procedemento selectivo.

Cuarto. Para a selección de destinos, as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema e proceder da seguinte forma:

Unha vez que acceda ao formulario electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Escoller posto», «Renuncia» ou «Solicitude de excedencia».

1º. Na opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan, que se relacionan no anexo II desta resolución. Deberá indicar, como mínimo, un número de prazas ordenadas segundo preferencia que sexa igual ao número de orde obtido no proceso selectivo.

2º. De elixir a opción «Renuncia», a persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira nesta escala.

3º. Poderá elixir a «Solicitude de excedencia» sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Quinto. En caso de non presentar solicitude de elección en prazo, quedar sen destino por seleccionar menos prazas das indicadas ou solicitar unha excedencia sen cumprir os requisitos, asignaráselle á persoa aspirante un posto de oficio entre os que queden sen adxudicar, para o cal se terá en conta a orde de publicación dos postos e o número obtido no proceso selectivo.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo anteriormente mencionado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Relación de persoas aspirantes que superaron o procedemento
selectivo na escala técnica superior de administración,
convocadas á elección de destino

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

1

***7035**

García Gancedo, María Rosario

2

***3974**

López Gómez, Carolina

3

***9367**

Rey Quintás, María Nuria

4

***5888**

Torrente Sánchez, María Purificación

ANEXO II

Relación de postos que se ofertan

Código

Denominación e unidade de adscrición

Nivel

Subgrupo

Quenda

Campus

PF000902

Técnico superior de administración. Unidade de Orientación e Intermediación para o Emprego

23

A1

Mañá

Compostela

PF000903

Técnico superior de administración. Unidade de Orientación e Intermediación para o Emprego

23

A1

Mañá

Compostela

PF000904

Técnico superior de administración. Unidade de Orientación e Intermediación para o Emprego

23

A1

Mañá

Compostela

PF000905

Técnico superior de administración. Unidade de Orientación e Intermediación para o Emprego

23

A1

Mañá

Compostela

PF000907

Técnico superior de administración. Unidade de Orientación e Intermediación para o Emprego

23

A1

Mañá

Lugo