DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 30 de agosto de 2024 Páx. 49004

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2024 pola que se convocan, para a elección de destino, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á categoría de auxiliar técnico de servizos desta universidade, correspondente ao procedemento de estabilización extraordinaria de emprego temporal convocado mediante a Resolución do 5 de decembro de 2022.

Mediante a Resolución reitoral do 5 de decembro de 2022 (DOG do 16 de decembro de 2022 e BOE do 30 de xaneiro de 2023) convócanse probas selectivas para cubrir, polo sistema de acceso libre, as prazas de PAS funcionario e PAS laboral do marco de estabilización extraordinaria de emprego temporal. Con data do 23 de xullo de 2024, o tribunal publica a relación definitiva parcial de persoas aspirantes que superaron as probas selectivas correspondentes aos postos de PAS laboral do grupo IV.1.

Coa finalidade de dar cumprimento ao establecido no punto 9 da convocatoria, para que as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo soliciten destino,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo correspondente ás prazas da categoría de auxiliar técnico de servizos e que, segundo a base 9.1 da convocatoria, son convocadas á elección de destino, segundo a orde que, en aplicación das bases convocatoria, se deberá seguir para os efectos da adxudicación de destino.

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución.

Terceiro. No prazo máximo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionarán por orde de prelación os destinos ofertados, empregando o formulario dispoñible na sede electrónica da USC, https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/RHHH_eleccionDestinos.htm, para o cal empregarán os medios de identificación que se establecen na base 3.3 da Resolución do 5 de decembro de 2022 pola que se convocaba o procedemento selectivo.

Cuarto. Para a selección de destinos, as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema e proceder da seguinte forma:

Unha vez que acceda ao formulario electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Escoller posto», «Renuncia» ou «Solicitude de excedencia».

1º. Na opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan, que se relacionan no anexo II desta resolución. Deberá indicar, como mínimo, un número de prazas ordenadas segundo preferencia que sexa igual ao número de orde obtido no proceso selectivo.

2º. De elixir a opción «Renuncia», a persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser contratada como persoal laboral fixo nesta categoría.

3º. Poderá elixir a «Solicitude de excedencia» sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 64.2 do Convenio colectivo para o persoal laboral da USC.

Quinto. En caso de non presentar solicitude de elección en prazo, quedar sen destino por seleccionar menos prazas das indicadas ou solicitar unha excedencia sen cumprir os requisitos, asignaráselle á persoa aspirante un posto de oficio entre os que queden sen adxudicar, para o cal se terán en conta a orde de publicación dos postos e o número obtido no proceso selectivo.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mencionado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Relación de persoas aspirantes que superaron o procedemento selectivo na categoría de auxiliar técnico de servizos, convocadas á elección de destino

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***3144**

Blanco Leis, María

2

***9726**

González Cuerda, Luis Rubén

3

***8030**

Gómez Piñeiro, Emma de la Cruz

4

***9954**

Vázquez Otero, Jorge Juan

5

***4972**

Mosteirín Álvarez, Beatriz

6

***3882**

Fernández Castro, José Luis

7

***9036**

Castro Vilariño, María José

8

***9878**

García Pazos, Jesús

9

***2467**

De Vega y de Vega, Emiliano Héctor

10

***1189**

Nieves Couto, María Cristina

11

***0537**

Rozados Gómez, José Ángel

ANEXO II

Relación de postos que se ofertan

Código

Denominación e unidade de adscrición

Quenda

Campus

Observacións

PL000745

Auxiliar técnico de servizos. Servizos Edificios Históricos

Mañá

Compostela

PL000784

Auxiliar técnico de servizos. PAIS. Facultade de Química

Mañá

Compostela

PL000833

Auxiliar técnico de servizos. Servizo de Correos

Mañá

Compostela

PL000896

Auxiliar técnico de servizos. PAIS. Escola Técnica Superior de Enxeñaría

Mañá

Compostela

PL000901

Auxiliar técnico de servizos. PAIS. Facultade de Filoloxía

Mañá

Compostela

PL000913

Auxiliar técnico de servizos. PAIS. CIQUS

Mañá

Compostela

Comparte CITIUS

PL000914

Auxiliar técnico de servizos. PAIS. Facultade de Medicina e Odontoloxía-Edif. Roberto Novoa Santos

Mañá

Compostela

PL000936

Auxiliar técnico de servizos. PAIS. Facultade de Psicoloxía

Mañá

Compostela

PL000982

Auxiliar técnico de servizos. Unidade de Xestión Académica Campus Norte

Mañá

Compostela

PL000960

Auxiliar técnico de servizos. Área Deportiva

Mañá

Compostela

Certificado negativo delitos sexuais/Curso básico de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios

PL000975

Auxiliar técnico de servizos. Residencia Universitaria Bal e Gay

Mañá

Lugo

Certificado negativo delitos sexuais