Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:
Solicitante: Acciona Inmobiliaria, S.L. (B84364579).
Domicilio social: rúa Gran Vía de Hortaleza, 3-7, 28033 Madrid.
Denominación: proyecto LMTS-CT (400 kVA) e RBTS.
Situación: avenida de Escandinavia, 13, Oleiros (A Coruña).
Características técnicas:
• Liña de alta tensión soterrada RHZ1-2OL 12/20 kV-Al, 2×(3×240) con orixe e final na liña de distribución SAD707, no tramo comprendido entre os centros de transformación 15SMQH e 15SMQJ e con entrada/saída no CT proxectado, cunha lonxitude de 119 m.
• Centro de transformación en edificio prefabricado con cela compacta 2L1P, formada por 2 celas de liña, 1 cela de protección con fusibles (24 kV, 400A, 16 kA) e transformador trifásico, en baño de aceite, refrixeración natural, 400 kVA e relación de transformación 15 kV/420 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta dirección territorial.
RESOLVE:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da referida instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Esta autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que puidese incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra este acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 2 de agosto de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
