DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 2 de setembro de 2024 Páx. 49227

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 2 de maio de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Cerdedo-Cotobade (expediente DH.A36.100267).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: María Engracia Bouzas Touriño.

Expediente: DH.A36.100267.

Volume total anual: 268,20 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,43 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: manancial na parcela 638, polígono 4 do catastro de Cerdedo-Cotobade.

Lugar: Cuíña.

Parroquia: Quireza.

Concello: Cerdedo-Cotobade.

Descrición:

A auga cáptase mediante arqueta aros formigón e condúcese a depósito no interior caseta na parcela 688, polígono 4, do depósito condúcese á vivenda na parcela 932, polígono 4, para abastecemento desta.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, núm. 2, 4º andar, 36240 Vigo (Pontevedra), solicitando cita previa no correo electrónico dgs.augas@xunta.gal

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 2 de maio de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial
da Zona Hidrográfica de Galicia Sur