En cumprimento do previsto no artigo 78 ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:
Solicitante: Miguel Rodríguez Penabad.
DNI: ***9213**.
Expediente: DH.W27.94955.
Lugar: Os Pedregás.
Parroquia: San Pedro de Benquerencia.
Concello: Barreiros.
Descrición das actuacións:
As obras solicitadas consisten na construción de parte do cerramento da parcela con referencia catastral 27005E003004700000YL, con muro de contención, bloque de formigón e malla, na zona de policía do rego de Benquerencia.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rolda da Muralla, núm. 70, 2º, 27071 Lugo, solicitando cita previa no teléfono 982 29 44 14.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lugo, 31 de xullo de 2024
Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial
da Zona Hidrográfica da Mariña
