Asociación de Mexilloeiros da Illa de Arousa (AMIA) solicita a concesión administrativa no porto do Xufre para a ocupación do dominio público en superficie e construción dunha nave para a actividade de almacén de medios mecánicos e material pesqueiro-mexilloeiro e xestión de descargas de mexillón.
O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Pontevedra, 24 de maio de 2024
Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia
