DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 3 de setembro de 2024 Páx. 49386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 26 de xullo de 2024, da Mesa de Valoración de Pontevedra, polo que se comunica a data do acto de poxa pública relativo ao procedemento de adxudicación, en réxime de compravenda ou alugueiro, de locais de negocio e prazas de garaxe propiedade deste instituto.

A Resolución do 15 de marzo de 2024 pola que se anunciaba o procedemento de adxudicación, mediante poxa, en réxime de compravenda ou alugueiro, de locais de negocio e prazas de garaxe propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo, publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 69, do 9 de abril.

De acordo co previsto na condición 10.2 do prego de condicións que regula ese procedemento, así como no número 8 da citada Resolución do 15 de marzo de 2024, «O acto da poxa será público e a súa realización levarase a cabo no lugar, na data e na hora que se indique no anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web do IGVS: http://igvs.xunta.es/web/igvs/350».

Tendo en conta o anterior, faise público que a apertura das ofertas económicas e o acto de poxa pública terán lugar o día 18 de setembro de 2024, ás 9.00 horas, no salón de actos do Edificio Administrativo de Pontevedra na rúa María Victoria Moreno, nº 43.

Pontevedra, 26 de xullo de 2024

Margarita Cabaleiro Viñas
Presidenta da Mesa de Valoración de Pontevedra