De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada referida no anexo, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, a resolución administrativa emitida no expediente referido no dito anexo e instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, cuxos intentos de notificación foron infrutuosos por ignorarse o lugar de notificación.
Para o coñecemento íntegro do acto administrativo, emprázase a referida persoa interesada, por si ou a través dos seus representantes legais, para que, no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, do Departamento Territorial en Ourense da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Sáez Díez, núm. 39, baixo, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que contra a resolución caberá formular oposición, ante o Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da notificación da resolución, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
Ourense, 9 de agosto de 2024
Santiago Álvarez González
Director territorial de Ourense
ANEXO
Nº expediente: 2022/22/32.
Persoa interesada: X5643039N.
Acto que se notifica: Resolución administrativa do 21 de maio de 2024.
Efectos xurídicos: mantemento de medida administrativa.
