Expediente: IN407A 2023/398-1.
Promotora: Industrial Barcalesa, S.L.
Denominación do proxecto: reforma LMTA San Cosme de Antes (tramo A Pereira-Grille).
Concello: Mazaricos e Santa Comba.
Feitos:
1. O día 21.9.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica. Co obxecto de reforzar e garantir unha subministración eléctrica eficiente na rede de distribución, proxéctase reformar un tramo aéreo situado no concello de Mazaricos e no de Santa Comba, dentro da liña de distribución de media tensión LMTA Derivación (DER) San Cosme de Antes (expediente IN407A 2001/404-1, 52.863 e 52.865), procedente da subestación Mazaricos, para o cal se substituirán catro apoios e o condutor por un de maior sección.
Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, achegan o proxecto de execución denominado Reforma LMTA San Cosme de Antes (tramo A Pereira-Grille), asinado o día 12.9.2023 (número de visado 20232893 do 15.9.2023) por Xosé López Seoane, enxeñeiro industrial, nº colexiado 2.745 de Galicia.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Mazaricos, Concello de Santa Comba, Augas de Galicia, Axencia Galega de Infraestruturas e Demarcación de Estradas do Estado en Galicia. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes presentados no prazo outorgado para ese efecto.
4. O día 22.4.2024 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio) consonte coa disposición adicional décimo segunda e a disposición transitoria primeira do Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 81, do 24 de abril).
Segunda. Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
Terceira. Características técnicas:
As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas nos concellos de Mazaricos e Santa Comba, e as súas características técnicas son as seguintes:
– Reforma tramo LMTA a 20 kV, de 965 m, substitución condutor tipo LA-30 Al por LA-56 Al, con orixe no apoio nº 53-54 existente por substituír da MTA Derivación (DER) San Cosme de Antes (expedientes IN407A 2001/404-1, 52.863 e 52.865), procedente da subestación Mazaricos, e remate no apoio nº 8-9 existente que se vai substituír. Substitución dos apoios de formigón nº 53-54 por tipo C-4500/16, nº 1-2 por tipo HV-1000/R15, nº 7-8 por tipo C-4500/16, e 8-9 por tipo C-3000/16.
Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta dirección territorial.
De acordo con todo o exposto,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.
2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
3. Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante esta dirección territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 13 de maio de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
