DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 3 de setembro de 2024 Páx. 49340

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Mazaricos (expediente IN407A 2023/348-1).

Expediente: IN407A 2023/348-1.

Promotora: Industrial Barcalesa, S.L.

Denominación do proxecto: LMT, CST e LBT Grille 2.

Concello: Mazaricos.

Feitos.

1. O día 3.8.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a avaliación de impacto ambiental do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de garantir a subministración eléctrica eficiente na rede de distribución do lugar de Grille, concello de Mazaricos, proxecta instalar un centro de seccionamento e de transformación de 400 kVA de potencia, unha liña de media tensión soterrada que o conectará coa liña de distribución de media tensión LMT Derivación (DER) a San Cosme de Antes (expediente INA407A 2001/404, 52.863 e 52.865) e a retirada dun tramo aéreo da dita liña.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, achegaron o proxecto de execución denominado LMT, CST e LBT Grille 2, asinado o día 15.7.2023 (núm. de visado 20232366, do 20.7.2023) por Xosé López Seoane, enxeñeiro industrial, núm. colexiado 2.745 de Galicia.

Así mesmo, ao abeiro do anexo II da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificado polo Real decreto 445/2023, presentaron o documento ambiental asinado polo mesmo enxeñeiro na mesma data. Remitido ao Servizo de Avaliación Ambiental de Proxectos, este rexistrouno co número de expediente 2023/0163.

Posteriormente, con data 4.3.2024, a empresa promotora rectificou a súa solicitude e manifestou que o proxecto non debe someterse avaliación ambiental por tratarse da modificación dunha instalación existente, que se encadra no artigo 7.2.c) da dita Lei 21/2013. O día 11.4.2024, o Servizo de Avaliación Ambiental de Proxectos arquivou o expediente 2023/0163 e indicou que pode proseguir a tramitación do expediente de autorización.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Mazaricos, Augas de Galicia e Axencia Galega de infraestruturas. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes presentados no prazo outorgado para ese efecto.

4. O día 22.4.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas.

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio), consonte a disposición adicional décimo segunda e a disposición transitoria primeira do Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 81, do 24 de abril).

Segunda. Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

Terceira. Características técnicas.

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no lugar de Grille, no concello de Mazaricos, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS (1) a 20 kV, de 70 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado no apoio nº 7-8 existente, que se vai substituír por tipo C-4500/16 da LMT Derivación (DER) a San Cosme de Antes (expediente INA407A 2001/404, 52.863 e 52.865) e remate no CT-CS proxectado.

– LMTS (2) a 20 kV, de 89 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, con orixe no CT-CS proxectado e remate no PA/S proxectado no apoio nº A3-9 existente, que se vai substituír por tipo C-2000/16 (anteriormente nº 8-9).

– Retirada de tramo LMTA a 20 kV, de 130 m, condutor tipo LA-30 Al, con orixe no apoio nº 7-8 existente da LMT Derivación (DER) a San Cosme de Antes e remate no apoio nº 8-9, que se vai substituír por A3-9 proxectado.

– CT-CS no lugar de Grille compacto prefabricado telexestionado de manobra interior, cunha potencia de 400 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta dirección territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante esta dirección territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro de 2015), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 14 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña