DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 3 de setembro de 2024 Páx. 49253

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica o requirimento de emenda da documentación das solicitudes e documentación preceptiva presentadas ao abeiro da Orde do 27 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2024 a 2026, cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS700A).

A Consellería de Política Social e Igualdade convocou, a través da Orde do 27 de xuño de 2024, subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2024 a 2026, cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (Diario Oficial de Galicia número 132, do 9 de xullo).

Así mesmo, no número 1 do artigo 13 da orde determínase a documentación complementaria que as entidades interesadas deberán achegar coa solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes e a documentación complementaria presentada ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conteren erros ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento das condicións impostas na convocatoria.

O artigo 16.1 da dita orde indica que, se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación exixida, a unidade administrativa encargada da tramitación do expediente requirirá a entidade solicitante para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite resolución ao abeiro do artigo 21 desta lei.

Así mesmo, o artigo 22 da orde de convocatoria establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento da emenda das solicitudes e documentación preceptiva que se debería achegar como documentación complementaria á solicitude da axuda, coa relación de entidades beneficiarias requiridas para emendaren as solicitudes que non estean debidamente completadas e/ou presentaren a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras, e que figura no anexo.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as entidades beneficiarias recollidas no anexo que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días contado a partir do día seguinte ao da publicación do dito acto de requirimento a través desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, conforme se establece na orde de convocatoria, recollidos no dito anexo. De non o faceren, de conformidade co artigo 13.3 da orde e co artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, teráselles por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación, poderán dirixirse á Consellería de Política Social a través dos teléfonos 981 54 46 40 ou 981 54 36 96.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade
P.A. (Artigo 4 da Orde do 4.6.2024)
Antonio Acevedo Prado
Director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria

ANEXO

Requirimento de emenda da solicitude e documentación complementaria preceptiva
(código de procedemento BS700A)

1. Relación de concellos, mancomunidades ou agrupacións de concellos e documentación requirida:

Nº de exp.

NIF

Solicitante

Integrantes

Documentación requirida

BS700A/2024/0004

P3603900F

Concello do Porriño

Concello do Porriño

1. Anexo III asinado polo secretario/a (artigo 13.1.d)

2. Documentación acreditativa da representación (artigo 13.1.a)

3. Acreditación de que as persoas traballadoras non teñen bonificada a cota da Seguridade Social (artigo 13.1.f)

BS700A/2024/0009

P1500003G

Mancomunidade voluntaria de municipios da Comarca de Ordes

Mancomunidade voluntaria de municipios da Comarca de Ordes

1. No anexo II, especificar o tipo de xestión (directa ou indirecta)

BS700A/2024/0014

P1500500B

Concello de Arteixo

Concello de Arteixo

1. Anexos II e III asinados polo/a secretario/a (artigo 13.1.c) e d). Cubrir correctamente data de inicio e final

2. Documentación acreditativa representación (artigo 13.1.a)

BS700A/2024/0015

P1507800I

Concello de Santa Comba

Agrupación dos concellos de Santa Comba e A Baña

1. Anexo VII de todos os integrantes

2. Acreditación de que as persoas traballadoras non teñen bonificada a cota da Seguridade Social (artigo 13.1.f)

BS700A/2024/0016

P3601500F

Concello de Cuntis

Agrupación dos concellos de Cuntis, Barro, Caldas de Reis, Catoira, Moraña e Portas

1. Acreditación de que as persoas traballadoras non teñen bonificada a cota da Seguridade Social (artigo 13.1.f)

BS700A/2024/0018

P2705700I

Concello de Sarria

Agrupación dos concellos de Sarria, Láncara, Triacastela, O Páramo, Paradela, Samos e O Incio

1. As horas contabilizadas teñen que coincidir nos anexos II e III

BS700A/2024/0019

P3600400J

Concello de Bueu

Concello de Bueu

1. Acreditación de que as persoas traballadoras non teñen bonificada a cota da Seguridade Social (artigo 13.1.f)

2. As horas contabilizadas teñen que coincidir nos anexos II e III

3. Documentación acreditativa da representación (artigo 13.1.a)

BS700A/2024/0020

P1507300J

Concello de Rianxo

Concello de Rianxo

1. Documentación acreditativa da representación (artigo 13.1.a)

2. Anexos II e III asinados polo/a secretario/a (artigo 13.1.c) e d).

3. As horas contabilizadas teñen que coincidir nos anexos II e III

4. Acreditación de que as persoas traballadoras non teñen bonificada a cota da Seguridade Social (artigo 13.1.f)

BS700A/2024/0021

P3200022F

Mancomunidade de municipios Comarca do Carballiño

Mancomunidade Carballiño, Mancomunidade I.V. do Ribeiro, Concello do Carballiño e Concello de Maside

1. Anexo VII de todos os integrantes

BS700A/2024/0023

P1507100D

Concello das Pontes de García Rodríguez

Concello das Pontes de García Rodríguez

1. Anexos II e III asinados polo/a secretario/a (artigo 13.1.c) e d).

2. Acreditación de que as persoas traballadoras non teñen bonificada a cota da Seguridade Social (artigo 13.1.f)

BS700A/2024/0024

P3604100B

Concello de Poio

Concello de Poio

1. Anexos II e III asinados polo/a secretario/a (artigo 13.1.c) e d).

BS700A/2024/0025

P3600100F

Concello de Arbo

Agrupación dos concellos de Arbo, Salvaterra de Miño e Crecente

1. Acreditación de que as persoas traballadoras non teñen bonificada a cota da Seguridade Social (artigo 13.1.f)

BS700A/2024/0028

P3601700B

Concello da Estrada

Concello da Estrada

1. Acreditación de que as persoas traballadoras non teñen bonificada a cota da Seguridade Social (artigo 13.1.f)

BS700A/2024/0029

P1509300H

Concello de Vimianzo

Agrupación dos concellos de Vimianzo, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía e Zas

1. Anexo VII de todos os integrantes

2. Acreditación de que as persoas traballadoras non teñen bonificada a cota da Seguridade Social (artigo 13.1.f)

BS700A/2024/0030

P3600900I

Concello da Cañiza

Agrupación dos concellos da Cañiza, Mondariz, Mondariz Balneario, Covelo e Melón

1. Acreditación de que as persoas traballadoras non teñen bonificada a cota da Seguridade Social (artigo 13.1.f)

2. As horas contabilizadas teñen que coincidir nos anexos II e III

BS700A/2024/0031

P1505700C

Concello de Negreira

Agrupación dos concellos de Negreira e Val do Dubra

1. Anexo VII de todos os integrantes

2. Acreditación de que as persoas traballadoras non teñen bonificada a cota da Seguridade Social (artigo 13.1.f)

BS700A/2024/0032

P1507600C

Concello de Sada

Concello de Sada

1. Documentación acreditativa da representación (artigo 13.1.a)

BS700A/2024/0033

P3602100D

Concello de Gondomar

Concello de Gondomar

1. Acreditación de que as persoas traballadoras non teñen bonificada a cota da Seguridade Social (artigo 13.1.f)

2. Documentación acreditativa da representación (artigo 13.1.a)

BS700A/2024/0036

P1500002I

Mancomunidade de concellos da Comarca de Ferrol

Mancomunidade de concellos da Comarca de Ferrol

1. Acreditación de que as persoas traballadoras non teñen bonificada a cota da Seguridade Social (artigo 13.1.f)

BS700A/2024/0037

P2702000G

Concello de Friol

Agrupación dos concellos de Friol, Begonte, Rábade, Guntín e Palas de Rei

1. Acreditación de que as persoas traballadoras non teñen bonificada a cota da Seguridade Social (artigo 13.1.f)

BS700A/2024/0038

P2701400J

Concello do Corgo

Agrupación dos concellos do Corgo, Castroverde e Baleira

1. Acreditación de que as persoas traballadoras non teñen bonificada a cota da Seguridade Social (artigo 13.1.f)

BS700A/2024/0039

P2700600F

Concello de Becerreá

Agrupación dos concellos de Becerreá, Baralla, As Nogais e Navia de Suarna

1. Anexo VII de todos os integrantes

2. Acreditación de que as persoas traballadoras non teñen bonificada a cota da Seguridade Social (artigo 13.1.f)

BS700A/2024/0040

P1504200E

Concello da Laracha

Concello da Laracha

1. Anexos II e III asinados polo/a secretario/a (artigo 13.1.c) e d)

BS700A/2024/0041

P1504700D

Concello de Melide

Agrupación dos concellos de Melide, Arzúa, Santiso, Toques e Vilasantar

1. Anexo VII de todos os integrantes

2. Acreditación de que as persoas traballadoras non teñen bonificada a cota da Seguridade Social (artigo 13.1.f)

3. As horas contabilizadas teñen que coincidir nos anexos II e III

BS700A/2024/0043

P2703000F

Concello de Mondoñedo

Agrupación dos concellos de Mondoñedo, Trabada, Riotorto, Lourenzá, Abadín, Barreiros, A Pastoriza, A Pontenova, Pol e Meira

1. No anexo II, especificar tipo de xestión (directa ou indirecta)

BS700A/2024/0044

P1507500E

Concello de Rois

Agrupación dos concellos de Rois, Dodro, Padrón, Pontecesures e Valga

1. Anexo VII de todos os integrantes

2. Acreditación de que as persoas traballadoras non teñen bonificada a cota da Seguridade Social (artigo 13.1.f)

BS700A/2024/0045

P1503200F

Concello de Curtis

Agrupación dos concellos de Curtis, Sobrado, Aranga, Boimorto e Coirós

1. Anexo VII de todos os integrantes

2. Acreditación de que as persoas traballadoras non teñen bonificada a cota da Seguridade Social (artigo 13.1.f)

BS700A/2024/0046

P1505800A

Concello de Noia

Agrupación dos concellos de Noia, Porto do Son, Lousame, Muros e Outes

1. Anexo VII de todos os integrantes

BS700A/2024/0048

P1504900J

Concello de Miño

Agrupación dos concellos de Miño, Pontedeume e Vilarmaior

1. Anexo VII de todos os integrantes

2. Acreditación de que as persoas traballadoras non teñen bonificada a cota da Seguridade Social (artigo 13.1.f)

BS700A/2024/0049

P2702200C

Concello de Guitiriz

Agrupación dos concellos de Guitiriz, Vilalba e Xermade

1. Anexo VII de todos os integrantes

2. Acreditación de que as persoas traballadoras non teñen bonificada a cota da Seguridade Social (artigo 13.1.f)

BS700A/2024/0051

3206400H

Concello da Pobra de Trives

Concello da Pobra de Trives

1. Anexo I

2. Anexo II

3. Anexo III

4. Anexo de todos os integrantes

5. Acreditación de que as persoas traballadoras non teñen bonificada a cota da Seguridade Social (artigo 13.1.f)

6. Convenio ( no caso de agrupación)

2. Data do acto de requirimento da emenda da documentación: 22 de agosto de 2024.

3. Órgano competente: Subdirección Xeral de Programas de Apoio á Discapacidade.

4. Prazo de emenda da xustificación: dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto de requirimento no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos que se enumeran, conforme se establece na orde de convocatoria. De non o faceren, de conformidade co artigo 13.3 da orde e co artigo o 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, daranse por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos no artigo 21 da devandita lei.