DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 3 de setembro de 2024 Páx. 49251

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se publican os concellos beneficiarios das subvencións concedidas en virtude da Orde do 19 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para os anos 2024 e 2025, das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede de reservas da biosfera de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia competitiva.

De conformidade co establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas en virtude da Orde do 19 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para os anos 2024 e 2025, das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na rede de reservas da biosfera de Galicia, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento MT724A).

As subvencións destínanse a restaurar preservar e mellorar a biodiversidade nas reservas da biosfera, nos sistemas agrarios de alto valor natural, así como a mellorar o estado das paisaxes agrarias galegas. Este obxectivo levarase a cabo por medio de proxectos que contribúan á mellora da paisaxe rural tradicional e dos seus elementos representativos e para o mantemento das condicións ambientais necesarias para a conservación ou recuperación de especies relacionadas co medio agrario e os seus hábitats. Incluiranse axudas destinadas a investimentos non produtivos necesarias para conseguir obxectivos ambientais, é dicir, investimentos que non dean lugar a un aumento significativo do valor ou da rendibilidade das explotacións agrícolas e que contribúan á mellora do carácter de utilidade pública das reservas da biosfera, que responden aos criterios ou actuacións tipificadas no artigo 3 da Orde do 19 de marzo de 2024, con cargo ás aplicacións orzamentarias 36.04.541B.760.0.

As axudas a concellos foron aprobadas por Resolución da directora xeral de Patrimonio Natural do 12.8.2024.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2024

A directora xeral de Patrimonio Natural
P.D. de sinatura (Resolución do 9.8.2024)
Elisa Gago Moldes
Xefa do Servizo de Conservación da Biodiversidade