Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución do apoio ACTIMLUX571 da LMTA LES807 e IT, no concello da Estrada, segundo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados o representadas por persoa debidamente autorizada e exhibirán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 19 de agosto de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/184-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: substitución do apoio ACTIMLUX571 da LMTA LES807 e IT.
Concello: A Estrada.
|
Predio |
Ref. catastral |
Lugar |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
1 |
36017Q514003600000UE |
Millarabo |
Descoñecido |
22 de outubro de 2024 |
12.00 |
