DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 3 de setembro de 2024 Páx. 49364

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 19 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, da convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo proxecto dunha instalación eléctrica no concello de Pantón (expediente IN407A 2023/48-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto da seguinte instalación eléctrica: instalación de interruptor TC no apoio BJPVVWH3//41 da LAMT PRS802 Monforte 2 (Pantón), segundo se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibirán o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 19 de agosto de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de instalación de interruptor TC no apoio BJPVVWH3//41 da LAMT PRS802 Monforte 2 Pantón (Lugo).

Concello: Pantón (Lugo).

Expediente: IN407A 2023-48-2.

Predio nº

Polígono

Parcela

Lugar

Propietarios

Cultivo

Apoio nº

Sup. m²

Data
do acto

Hora
do acto

Concello

1

65

136

Os Campos

Descoñecido

Monte baixo

BJPVVWH3//41

2.0

23.10.2024

12.30

Pantón