DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 3 de setembro de 2024 Páx. 49365

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2024, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos de Ageenar-Asociación Gallega de Empresas de Enseñanza Náutica de Recreo.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos de Ageenar-Asociación Gallega de Empresas de Enseñanza Náutica de Recreo (https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: persoas físicas ou xurídicas que representen unha escola náutica de lecer en activo homologada pola Xunta de Galicia.

– Asinantes: Carlos Perfeto López-Novoa Ces e Ricardo José Calvo.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2024

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais