En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se acordou depositar a baixa neste rexistro por cambio de réxime xurídico e traslado ao Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia da Asociación Profesional de Bombeiros e Bombeiras Forestais de Galicia (Apropiga) (https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).
– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ámbito profesional: os membros do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia (SPIF).
Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2024
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
