En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral acordouse depositar os estatutos da Asociación Vieiros Unidade Galega de Transportistas.
(https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).
– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ámbito profesional: empresas dedicadas ao transporte de mercadorías por estrada interior e internacional.
– Asinantes da acta de constitución: Juan Carlos Romero Montes, Silvia Chaves Freire e Camilo González Bermúdez.
Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2024
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
