En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos da Asociación para la Promoción de Actividades de Integración Sociolaboral en Centros Especiales de Empleo (https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).
– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ámbito profesional: entidades con personalidade xurídica titulares de centros especiais de emprego en Galicia con ánimo de lucro, sen ánimo de lucro, de iniciativa social ou calquera outra denominación prevista na lexislación vixente.
– Asinantes: Osvaldo Fernández Pérez e José Ramón Dourado.
Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2024
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
