Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade do acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 26 de xuño de 2024, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de San Xulián e O Campo (concello de Marín), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22135).
Feitos.
Primeiro. O 29.9.2022, o presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de San Xulián presentou no rexistro electrónico da Xunta de Galicia, co núm. de entrada 2022/2393095, solicitude de deslindamento entre a CMVMC de San Xulián (Marín) e a CMVMC do Campo (Marín).
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Marín (ID monte: 2820) da CMVMC de San Xulián.
– MVMC do Campo (ID monte: 2819) da CMVMC do Campo.
Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento, consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:
• Acta de apeo do deslindamento do 10.1.2019.
• Acta de conciliación do 26.9.2022.
• Certificado do secretario da CMVMC de San Xulián, coa conformidade do presidente do 31.8.2022, da aprobación na asemblea do 20.11.2021.
• Certificado do secretario da CMVMC do Campo, coa conformidade do presidente do 31.8.2022, da aprobación na asemblea do 17.2.2019.
• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829, asinado o 21.11.2022 polo enxeñeiro de montes colexiado núm. 3.117 do COEM de Madrid. Constan emendas posteriores que corrixen a dita memoria.
• Informe de validación gráfica catastral con CSV: F05X9RFZTAHJ021D (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012) que, polo principio de colaboración entre administracións, deberá verificar a Xerencia Territorial do Catastro.
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 746,27 metros, nun só tramo, e está composta polos seguintes puntos:
|
Punto |
X |
Y |
|
Punto 1 |
523.957,49 |
4.691.347,13 |
|
Punto 2 |
523.977,69 |
4.691.309,39 |
|
Punto 3 |
523.996,39 |
4.691.256,90 |
|
Punto 4 |
524.029,63 |
4.691.216,80 |
|
Punto 5 |
524.071,19 |
4.691.120,50 |
|
Punto 6 |
524.087,38 |
4.691.098,91 |
|
Punto 7 |
524.123,76 |
4.691.005,50 |
|
Punto 8 |
524.114,26 |
4.690.931,15 |
|
Punto 9 |
524.095,59 |
4.690.868,45 |
|
Punto 10 |
524.123,84 |
4.690.731,23 |
|
Punto 11 |
524.138,66 |
4.690.696,08 |
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC, detéctase que existe estrema entre ambos e considérase que non afecta terceiros propietarios. A liña de deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación que se reflicte na revisión dos esbozos presentados pola CMVMC de San Xulián (expediente RE22041) e pola CMVMC do Campo (expediente RE22040).
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.
Consideraciones legales e técnicas.
Primeira. A presente resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado, por unanimidade dos seus membros,
ACORDA:
Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de San Xulián e a CMVMC do Campo, ambas no concello de Marín, respecto da súa estrema común, nos termos indicados no feito terceiro.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Pontevedra, 14 de agosto de 2024
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
