DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 3 de setembro de 2024 Páx. 49360

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 19 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, da convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo proxecto dunha instalación eléctrica no concello de Bóveda (expediente IN407A 2023/102-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto da seguinte instalación eléctrica: instalación de RC TC en LMTA MOF802 no apoio núm. 122-53-3 (Bóveda), segundo se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 19 de agosto de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de: instalación de RC TC en LMTA MOF802 no apoio núm. 122-53-3 (Bóveda).

Concello: Bóveda (Lugo).

Expediente: IN407A 2023/102-2.

Núm. predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietario

Apoio (nº)

Apoio (m2)

Data
do acto

Hora
do acto

Concello

1

32

352

Agro

Monte alto

Descoñecido

122-53-3

2.0

30.10.2024

10.15

Bóveda