DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 3 de setembro de 2024 Páx. 49359

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 19 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a convocatoria para o pagamento dos prezos xustos acordados polo Xurado Provincial de Expropiación de Galicia para os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución do apoio AAFQMhQ9//19-2 da LMTA SJG805 e instalación RC, no concello de Cerdedo-Cotobade.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio comunícase a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución do apoio AAFQMhQ9//19-2 da LMTA SJG805 e instalación RC, que se realizarán na casa do concello de Cerdedo-Cotobade, segundo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 19 de agosto de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/012-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución do apoio AAFQMhQ9//19-2 da LMTA SJG805 e instalación RC.

Concello: Cerdedo-Cotobade.

Predio

Ref. catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

36012A006007580000ZX

Vila de Abaixo-Sacos

Descoñecido

24 de outubro de 2024

13.00