DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 3 de setembro de 2024 Páx. 49357

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 14 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMTS BAL708, BAL702 e CS, na estrada José Rivas.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio notifícase o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS BAL708, BAL702 e CS na estrada José Rivas, dos predios que se detallan no cadro anexo, de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Os interesados poderán presentar, no prazo de 20 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración en que se concrete o valor da indemnización que consideran que lles corresponde pola imposición das servidumes de paso dos predios que figuran na relación.

Vigo, 14 de agosto de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/064-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS BAL708, BAL702 e CS na estrada José Rivas.

Concello: Vigo.

Referencia catastral

Titular

1

8214711NG1781S0001FS

Descoñecido

2

54057A126002600000BL

Descoñecido

3

54057A126002710000BX

Descoñecido

4

54057A126002770000BU

Descoñecido

5

54057A126002920000BL

Descoñecido