Mediante a Resolución reitoral do 30 de abril de 2024 (DOG do 13 de maio), convocáronse probas selectivas para cubrir oito prazas na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas, subgrupo A2, pola quenda de promoción interna. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.
Segundo. Indicar que a citada listaxe provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html
Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas, dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.
Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:
https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalFuncionario.htm
Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.
Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2024
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
