En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:
Antecedentes:
• O 26.3.2024, Iberdrola Renovables Galicia, S.A. presentou na Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (DXPERN) a solicitude de modificación substancial das instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para o proxecto denominado Repotenciación parque eólico Muras (expediente IN408A 2024/010).
• O 23.5.2024 e de acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a DXPERN achegou a esta dirección territorial o expediente para continuar coa súa tramitación.
• O 4.7.2024, a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático achegou a esta dirección territorial unha separata técnica para Acciona para a súa tramitación.
• O 28.6.2024, Iberdrola Renovables Galicia, S.A. presentou unha solicitude de declaración de utilidade pública para o parque eólico Muras repotenciación (expediente IN408A 2024/010).
• O 15.7.2024, a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático remitiu a esta dirección territorial a solicitude de declaración de utilidade pública e a documentación achegada polo promotor para a súa tramitación, de acordo co artigo 44.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de compensación Ambiental.
Os datos do proxecto son os seguintes:
Solicitante/promotora: Iberdrola Renovables Galicia, S.A. NIF A32259541.
Domicilio social: rúa Circunvalación, 17, 32350 Ourense.
Denominación do proxecto: proxecto de renovación tecnolóxica do parque eólico Muras 47,3 MW.
Situación: concellos de Muras e Ourol (Lugo).
Núm. de aeroxeradores que se proxecta desmantelar: 74.
Potencia instalada que se proxecta desmantelar: 48,84 MW.
Núm. de aeroxeradores que se proxecta instalar: 11.
Potencia instalada correspondente á repotenciación: 47,3 MW.
Orzamento total (execución material): 39.390.366,79 €.
Coordenadas que definen a poligonal do parque eólico:
|
Vértice |
Datum ETRS89 (fuso 29) |
|
|
UTM-X |
UTM-Y |
|
|
1 |
601.390 |
4.819.283 |
|
2 |
601.390 |
4.819.783 |
|
3 |
601.890 |
4.819.783 |
|
4 |
601.390 |
4.821.783 |
|
5 |
602.890 |
4.821.783 |
|
6 |
603.240 |
4.819.283 |
|
7 |
602.903 |
4.818.290 |
|
8 |
603.653 |
4.817.520 |
|
9 |
603.584 |
4.817.167 |
|
10 |
605.140 |
4.816.033 |
|
11 |
605.890 |
4.817.533 |
|
12 |
605.890 |
4.820.533 |
|
13 |
606.390 |
4.821.033 |
|
14 |
608.140 |
4.821.033 |
|
15 |
608.390 |
4.820.533 |
|
16 |
607.140 |
4.820.033 |
|
17 |
606.890 |
4.819.783 |
|
18 |
606.890 |
4.818.783 |
|
19 |
606.640 |
4.818.533 |
|
20 |
606.838 |
4.817.484 |
|
21 |
605.580 |
4.816.235 |
|
22 |
605.140 |
4.815.945 |
|
23 |
604.768 |
4.815.531 |
|
24 |
604.500 |
4.815.453 |
|
25 |
604.500 |
4.815.033 |
|
26 |
603.390 |
4.815.033 |
|
27 |
603.329 |
4.817.054 |
Coordenadas de localización dos aeroxeradores que se proxecta desmantelar:
|
Aeroxerador |
Datum ETRS89 (fuso 29) |
|
|
UTM-X |
UTM-Y |
|
|
M-1 |
601.876 |
4.821.444 |
|
M-2 |
601.966 |
4.821.385 |
|
M-3 |
602.055 |
4.821.324 |
|
M-4 |
602.015 |
4.821.184 |
|
M-5 |
601.976 |
4.821.045 |
|
M-6 |
601.945 |
4.820.915 |
|
M-7 |
602.020 |
4.820.792 |
|
M-8 |
602.132 |
4.820.755 |
|
M-9 |
602.227 |
4.820.695 |
|
M-10 |
602.323 |
4.820.637 |
|
M-11 |
602.524 |
4.820.648 |
|
M-12 |
602.472 |
4.820.519 |
|
M-13 |
602.423 |
4.820.397 |
|
M-14 |
602.468 |
4.820.266 |
|
M-15 |
602.484 |
4.820.128 |
|
M-16 |
602.655 |
4.820.085 |
|
M-17 |
602.631 |
4.819.917 |
|
M-18 |
602.607 |
4.819.748 |
|
M-19 |
602.583 |
4.819.580 |
|
M-20 |
602.561 |
4.819.412 |
|
M-21 |
602.462 |
4.819.261 |
|
M-22 |
602.520 |
4.819.180 |
|
M-23 |
602.576 |
4.819.097 |
|
M-24 |
601.794 |
4.819.286 |
|
M-25 |
601.855 |
4.819.186 |
|
M-26 |
601.954 |
4.819.116 |
|
M-27 |
602.075 |
4.819.085 |
|
M-28 |
602.434 |
4.818.913 |
|
M-29 |
602.504 |
4.818.828 |
|
M-30 |
602.575 |
4.818.739 |
|
M-31 |
602.645 |
4.818.654 |
|
M-32 |
602.738 |
4.818.501 |
|
M-33 |
602.814 |
4.818.409 |
|
M-34 |
602.881 |
4.818.325 |
|
M-35 |
602.919 |
4.818.181 |
|
M-36 |
602.887 |
4.818.016 |
|
M-37 |
602.855 |
4.817.849 |
|
M-38 |
606.273 |
4.820.657 |
|
M-39 |
606.293 |
4.820.379 |
|
M-40 |
606.239 |
4.820.160 |
|
M-41 |
606.192 |
4.819.938 |
|
M-42 |
606.245 |
4.819.745 |
|
M-43 |
606.376 |
4.819.606 |
|
M-44 |
607.456 |
4.820.695 |
|
M-45 |
607.272 |
4.820.634 |
|
M-46 |
607.112 |
4.820.399 |
|
M-47 |
606.947 |
4.820.114 |
|
M-48 |
606.818 |
4.819.852 |
|
M-49 |
606.709 |
4.819.629 |
|
M-50 |
606.554 |
4.819.389 |
|
M-51 |
606.370 |
4.818.776 |
|
M-52 |
606.214 |
4.818.508 |
|
M-53 |
606.287 |
4.818.202 |
|
M-54 |
606.276 |
4.817.798 |
|
M-55 |
606.247 |
4.817.475 |
|
M-56 |
606.095 |
4.817.237 |
|
M-57 |
605.922 |
4.817.048 |
|
M-58 |
605.835 |
4.816.766 |
|
M-59 |
605.695 |
4.816.526 |
|
M-60 |
605.278 |
4.815.593 |
|
M-61 |
605.311 |
4.815.452 |
|
M-62 |
605.344 |
4.815.308 |
|
M-63 |
605.562 |
4.815.344 |
|
M-64 |
605.693 |
4.815.228 |
|
M-65 |
605.825 |
4.815.128 |
|
M-66 |
605.937 |
4.815.034 |
|
M-67 |
606.155 |
4.814.866 |
|
M-68 |
605.685 |
4.814.829 |
|
M-69 |
605.883 |
4.814.693 |
|
M-70 |
606.088 |
4.814.519 |
|
M-71 |
606.207 |
4.814.418 |
|
M-72 |
606.349 |
4.814.317 |
|
M-73 |
606.621 |
4.814.478 |
|
M-74 |
606.793 |
4.814.356 |
Coordenadas de localización dos novos aeroxeradores proxectados:
|
Aeroxerador |
Datum ETRS89 (fuso 29) |
|
|
UTM-X |
UTM-Y |
|
|
14.1 |
602.055 |
4.821.324 |
|
14.2 |
602.524 |
4.820.648 |
|
14.3 |
602.520 |
4.819.180 |
|
14.4 |
602.575 |
4.818.739 |
|
14.5 |
602.887 |
4.818.016 |
|
14.6 |
607.455 |
4.820.695 |
|
14.7 |
606.293 |
4.820.379 |
|
14.8 |
606.255 |
4.819.743 |
|
14.9 |
606.095 |
4.817.237 |
|
14.10 |
605.835 |
4.816.766 |
|
14.11 |
606.287 |
4.818.200 |
Coordenadas de localización da subestación SET Muras 30/132 kV:
|
Posicións |
Datum ETRS89 (fuso 29) |
|
|
UTM-X |
UTM-Y |
|
|
1 |
602.648 |
4.818.542 |
|
2 |
602.661 |
4.818.573 |
|
3 |
602.672 |
4.818.568 |
|
4 |
602.679 |
4.818.585 |
|
5 |
602.717 |
4.818.570 |
|
6 |
602.719 |
4.818.566 |
|
7 |
602.701 |
4.818.521 |
|
C |
602.684 |
4.818.554 |
Características técnicas principais das instalacións:
A infraestrutura do parque eólico existente Muras 48.84 MW consta de setenta e catro (74) aeroxeradores G47-0,66 MW HH 45 m, de 0,66 MW de potencia unitaria, localizados nos termos municipais de Muras e Ourol, o que supón unha potencia total instalada de 48,84 MW.
Preténdese desmantelar o dito parque para repotencialo con once (11) aeroxeradores Vestas V1117-4.3 HH 84 m, de 4,3 MW de potencia unitaria, o que suporá unha potencia instalada total de 47,3 MW.
• Once (11) aeroxeneradores Vestas V117-4.3 HH84, de 4,3 MW de potencia unitaria, diámetro de rotor 117 metros e altura de buxa 84 metros.
• Once (11) centros de transformación, instalados no interior da torre de cada un dos aeroxeradores, formados por transformadores trifásicos, encapsulados en seco, de 5.150 kVA de potencia aparente e relación de transformación 0,72/30 kV e clase de illamento 36 kV.
• Rede colectora de media tensión, de conexión entre aeroxeradores e conexión coa subestación para o parque eólico Muras 47,3 MW, conformada polos cables de evacuación de enerxía a 30 kV, con condutores tipo RH5Z1 con illamento 18/30 kV unipolares que unen os aeroxeradores entre si e coa subestación colectora do parque.
• Actuacións sobre a subestación existente SET Muras 20/132 kV. Substitución de celas de MT de 20 kV existentes por outras novas de 30 kV e retirada de dous transformadores de potencia 132/20 kV de 30 MVA existentes para instalar un único transformador 132/30 kV 55 MVA con cambiador de tomas en carga.
• Actuacións sobre a liña aérea de media tensión que conecta a zona leste de parque coa subestación: desmantelamento do circuíto central de 3,61 km de lonxitude, mantendo os outros dous circuítos (aluminio tipo RH5Z1 con illamento 18/30 kV unipolares) que se explotarán a 30 kV.
• Obra civil necesaria para a instalación, operación e mantemento dos equipamentos que constitúen o parque: rede viaria de acceso o parque e rede viaria interior, cimentacións e plataformas de aeroxeradores, zona de aprovisionamento, arquetas e gabias para tendido de cablaxe de media tensión, comunicacións e rede de terras, elementos de drenaxe de auga e obras auxiliares.
Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático.
Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito á avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.d) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
Obxecto da información pública:
A solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental. A declaración de utilidade pública, de acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.
Documentación que se expón:
• Proxecto de execución (visado núm. 0755/2024-A05 polo Colexio Oficial de Graduados e Enxeñeiros Técnicos Industriais de Sevilla (Cogitise), con data do 22.3.2024).
• Estudo de impacto ambiental (EIA) (asinado por un equipo técnico multidisciplinar o 4.4.2024).
• A memoria xustificativa e a relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados (RBDA) (asinada o 19.8.2024).
• Planos concretos e individualizados dos predios afectados polo proxecto (asinados o 11.7.2024).
O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental e demais normas anteriormente citadas, para o coñecemento xeral, así como en particular, das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas, dentro do prazo de trinta (30) días que se contará a partir do seguinte ao da última publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG) ou nun dos xornais de maior circulación nas provincias afectadas.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas, en formato electrónico, nas dependencias da Sección de Enerxías Renovables desta Dirección Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (rolda da Muralla, núm. 70, 2º, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico renovables.medio-ambiente.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 48 04), así como nos concellos de Muras e Ourol (Lugo).
Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través da seguinte ligazón:
https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica
Lugo, 23 de agosto de 2024
Jesús Montouto González
Director territorial de Lugo
