DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 3 de setembro de 2024 Páx. 49383

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 1 de agosto de 2024, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de vertedura no concello de Camariñas (expediente DH.V15.100844).

En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:

Solicitante: Concello de Camariñas.

NIF: P-15.016.00I.

Expediente: DH.V15.100844.

Lugar: Xaviña.

Parroquia: Xaviña.

Concello: Camariñas.

Tipo de vertedura: augas residuais domésticas depuradas.

Caudal máximo anual: 18.250 m3/ano.

Punto de vertedura: X=487.643; Y=4.776.957.

Medio receptor: rego Lamastredo ou barranco Brañas Verdes (bacía da ría de Camariñas).

Tratamento/evacuación:

As augas residuais domésticas recollidas no saneamento dos núcleos da Costa, A Gándara, Covadiña, O Cruceiro, O Sisto, Os Borreiros, Os Pións e Pedrouso, todos eles pertencentes á parroquia de Xaviña, son tratadas nun sistema de depuración compacto de decantación-dixestión con filtro biolóxico deseñado para 250 habitantes equivalentes e vértense ao rego Lamastredo ou barranco Brañas Verdes mediante condución de polipropileno.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela solicitando cita previa no teléfono 981 54 50 87.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2024

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras