DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 4 de setembro de 2024 Páx. 49467

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 19 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se lles notifica ás persoas solicitantes de xustiza gratuíta a resolución de seu expediente acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (expediente PR204A 2024/3519-4 e dezaoito máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 9º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

A presente resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 9º andar, Pontevedra) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Pontevedra, 19 de agosto de 2024

A directora territorial de Pontevedra
P.S. (Orde do 5.7.2021)
Marcos Barreiro García
Xefe do Servizo de Xestión Técnico-Administrativa I e Interior de Pontevedra

ANEXO

Expediente

DNI/NIF/CIF

Resolución notificada

PR204A 2024/3519-4

52492491M

Denegatoria

PR204A 2024/3604-4

47026294B

Denegatoria

PR204A 2024/4060-4

13136843W

Denegatoria

PR204A 2024/4121-4

77477489B

Denegatoria

PR204A 2024/4284-4

32819647G

Denegatoria

PR204A 2024/4710-4

39454265L

Denegatoria

PR204A 2024/5176-4

77551368Z

Denegatoria

PR204A 2024/5213-4

44084987J

Denegatoria

PR204A 2024/5312-4

76985168M

Denegatoria

PR204A 2024/5344-4

35564131J

Denegatoria

PR204A 2024/5350-4

36175261X

Denegatoria

PR204A 2024/5427-4

35633105X

Denegatoria

PR204A 2024/5437-4

44086019X

Denegatoria

PR204A 2024/5496-4

Y9681742K

Denegatoria

PR204A 2024/5513-4

36175050Y

Denegatoria

PR204A 2024/5527-4

36067585C

Denegatoria

PR204A 2024/5529-4

35576588G

Denegatoria

PR204A 2024/5536-4

76930854V

Denegatoria

PR204A 2024/5873-4

35449140E

Denegatoria