De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións dos recursos.
En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
Unha vez transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2024
María Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio
Ambiente y Cambio Climático
ANEXO
|
Expediente |
Persoa interesada |
Acto notificado |
|
RA/AG/CIM/2024/00027 |
Vicente Alonso Covelo |
Resolución de recurso de alzada |
