DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 4 de setembro de 2024 Páx. 49470

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 21 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente sancionador PO-RES-2024-020 e 4 máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que as notificacións fosen devoltas polo servizo de Correos por resultar descoñecidas as persoas destinatarias ou porque, intentadas dúas veces, non se puideron efectuar, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse nun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede desta xefatura territorial, sita na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto da publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

Pontevedra, 21 de agosto de 2024

Nicolás Lorenzo Montes
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

Acto adoptado por

PO-RES-2024-020

Cristofor Sali

Resolución

Polo director territorial

PO-RES-2024-026

Viorica Constantín

Resolución

Polo director territorial

PO-RES-2024-028

Mariana Baream

Resolución

Polo director territorial

PO-RES-2024-071

Nicolae Eftimie

Resolución

Polo director territorial

PO-RES-2024-090

Nicusor Constantín

Proposta de resolución

Polo director territorial