DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 4 de setembro de 2024 Páx. 49476

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 14 de agosto de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS650G (expediente 150032924 e sete máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos actos administrativos no último domicilio coñecido das persoas solicitantes sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio notifícanse os requirimentos de emenda das solicitudes ditados no procedemento competencia deste departamento territorial ás persoas citadas no anexo, emprazándoas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Departamento Territorial da Coruña, da Consellería de Política Social e Igualdade, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, núm. 2-4, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento íntegro do acto. Transcorrido o prazo, de non facelo, terase por practicada a notificación ao vencemento do dito prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, de non efectuar a emenda no prazo de dez (10) días hábiles, establecido nos requirimentos contados desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, serán tidos desistidos das súas solicitudes, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 14 de agosto de 2024

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS650G

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto

administrativo

150032924

33246236N

Requirimento de emenda da solicitude

8.4.2024

150036924

Y2751460F

Requirimento de emenda da solicitude

15.4.2024

150038624

X0956039K

Requirimento de emenda da solicitude

25.4.2024

150046924

47402087F

Requirimento de emenda da solicitude

10.5.2024

150047324

Y1163094K

Requirimento de emenda da solicitude

10.5.2024

150049024

32399992F

Requirimento de emenda da solicitude

16.5.2024

150052024

32607601H

Requirimento de emenda da solicitude

24.5.2024

150057024

X1628251N

Requirimento de emenda da solicitude

19.6.2024