DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 4 de setembro de 2024 Páx. 49478

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 14 de agosto de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS650A (expediente 150040391 e un máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación das resolucións das reclamacións previas ditadas polo departamento territorial no último domicilio das persoas interesadas sen que estas se puidesen efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio notifícanse as ditas resolucións ás persoas citadas no anexo emprazándoas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas no Departamento Territorial da Coruña, da Consellería de Política Social e Igualdade, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento do contido íntegro das ditas resolucións. Transcorrido o prazo, de non facelo, teranse por efectuadas as notificacións ao vencemento do dito prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Infórmase, como consta nas devanditas resolucións que esgotan a vía administrativa, que contra elas poderán interpoñer demanda perante o Xulgado do Social dentro dos trinta (30) días seguintes á data da súa notificación por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 14 de agosto de 2024

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS650A

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Resolución

Data da resolución

150040391

32790830Y

Estimación

9.4.2024

150009312

32829062N

Estimación

13.6.2024