Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro industrial Xosé López Seoane, colexiado núm. 2745 do ICOIIG, e visado polo citado Colexio Profesional o día 24.5.2024 co número 202411576.
Solicitante: Eléctrica de Castro Caldelas, S.L.; CIF: B15639727.
Enderezo: rúa Galera, 15, 15003 A Coruña.
Denominación: LMTS, LBTS e CT O Poulón.
Situación: lugar do Poulón, concello de Castro Caldelas.
Orzamento: 146.591,49 €.
Características técnicas:
• LMTS, a 20 kV, de 1.072,59 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm²) Al, con orixe no paso A/S proxectado no apoio existente núm. 1-2 da LMT derivación a Vilanova-Ponte 3CC0002 (expediente IN407A 2001/107-3) e final no CT O Poulón proxectado.
• CT O Poulón proxectado: centro de transformación en envolvente prefabricada, de manobra interior con cela de liña e cela de protección de trafo (1L+1P), con transformador de 250 kVA e r/t 20.000/400 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta dirección territorial
RESOLVE:
Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Ourense, 19 de xullo de 2024
A directora territorial de Ourense
P.S. (Decreto 140/2024, artigo 40.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Industria
