Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícase que a empresa beneficiaria da expropiación trasladou as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica da LMTS MUR811 e CT Eirós, que figuran no cadro anexo.
As persoas interesadas poderán presentar, no prazo de dez (10 )días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, un escrito en que acepten ou rexeiten a folla de valoración da empresa beneficiaria, no segundo caso, terán dereito a facer as alegacións que consideren oportunas, empregando os métodos de valoración que xulguen máis convenientes para xustificar a súa valoración e, así mesmo, achegar as probas que consideren oportunas na xustificación das ditas alegacións.
Vigo, 14 de agosto de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/194-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMTS MUR811 e CT Eirós.
Concello: Pontevedra.
|
Nº |
Referencia catastral |
Lugar |
Titular |
|
1 |
36900A168005680000PQ |
Pereira |
Descoñecido |
|
2 |
36900A168005690000PP |
Pereira |
Descoñecido |
|
3 |
36900A168005700000PG |
Pegas |
Descoñecido |
