DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 4 de setembro de 2024 Páx. 49488

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 14 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMTA de substitución de apoio 9OJ2X3I6102 na VLG806 e ITC.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio notifícase o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA substitución apoio 9OJ2X3I6102 na VLG806 e ITC, dos predios que se detallan no cadro anexo, de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Os interesados poderán presentar, no prazo de 20 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración na que concrete o valor da indemnización que considere que lle corresponde pola imposición das servidumes de paso dos predios que figuran na relación.

Vigo, 14 de agosto de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/275-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTA substitución apoio 9OJ2X3I6102 na VLG806 e ITC.

Concello: O Grove.

Predio

Refª catastral

Titular

1

36022A009001530000EZ

Jacobo Garrido