DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 4 de setembro de 2024 Páx. 49491

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 19 de agosto de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Arzúa (expediente IN407A 2023/311-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante este anuncio notifícase á persoa sinalada no cadro anexo a resolución desta dirección territorial, do 11 de xullo de 2024, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A. e que corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada Instalación de Telecontrol en LMT POR706 en AOU0MJGK//77-A10-A4, no concello de Arzúa (expediente IN407A 2023/311-1).

O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.

Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a Conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.

A Coruña, 19 de agosto de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO

Instalación de telecontrol en LMT POR-706-apoio AOU0MJGK//77-A10-A4

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Arzúa

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Manolo Suárez

Vázquez

15006B511010050000UO

Agra das Latas

Novo apoio nº 77-A10-A4 (ITC)

2

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño