DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 4 de setembro de 2024 Páx. 49493

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 21 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o inicio e a resolución do expediente de reclamación en materia de enerxía eléctrica (expediente IN635A 2024/149-4).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada que se relaciona no anexo o inicio e a resolución do expediente de reclamación, despois de ser intentada sen éxito a notificación.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria, sitas na avenida María Victoria Moreno, 43-5º andar, en Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia ou ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da devandita Lei 39/2015.

Pontevedra, 21 de agosto de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de reclamación eléctrica: IN635A 2024/149-4.

Interesado:

NIF: 77404200T.

Acto notificado: inicio.

Expediente de reclamación eléctrica: IN635A 2024/149-4.

Interesado:

NIF: 77404200T.

Acto notificado: resolución.