DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 5 de setembro de 2024 Páx. 49548

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ANUNCIO do 22 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De acordo co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións administrativas derivadas dos procedementos indicados no anexo.

As persoas interesadas ou os seus representantes deberán comparecer, para seren notificadas, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, como órgano competente para a tramitación dos citados procedementos, sita en Santiago de Compostela, no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

As notificacións pendentes tamén se poderán obter mediante comparecencia no Sistema de notificación de Galicia (https://notifica.xunta.gal/notificaciones/portal/login), se se dispón de Chave365 ou certificado dixital.

Transcorrido o dito prazo sen ter comparecido, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais, desde o día seguinte ao do vencemento do prazo indicado.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2024

Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Persoa interesada

Procedemento

Mirca Gayoso Kauer

Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios

Saira Alejandra Sánchez Gaona

Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios

Mª Amparo Gestido Pazos

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Mónica Mª Padín Díaz

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Mª Xesús Rodríguez Álvarez

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Ana Rodríguez Cosío

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Manuela del Río Amado

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Mª Teresa Villaverde Gómez

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Mª Montserrat Vivero Basanta

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Narciso Valle Campos

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)