DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 5 de setembro de 2024 Páx. 49554

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 20 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS650G (expediente 32/00102-X/18 e un máis).

Ao abeiro do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, intentada a notificación dos requirimentos de documentación ditados nos procedementos de revisión anual no último enderezo coñecido das persoas interesadas sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles a través deste anuncio os ditos requirimentos ás persoas citadas no anexo, que son emprazadas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense (rúa Sáenz Díez, núm. 33, baixo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñeceren o contido íntegro dos referidos actos. Transcorrido o dito prazo, de non o faceren, considerarase efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, transcorrido o prazo que se indique nos requirimentos, contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia sen teren presentado a documentación, se suspenderá cautelarmente o pagamento da pensión que teñen recoñecida (artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo; BOE do 21 de marzo).

Ourense, 20 de agosto de 2024

O director territorial de Ourense
P.A. (Artigo 35.2.1.e) do Decreto 139/2024, do 20 de maio)
Marta Conde Veloso
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

Anexo

Procedemento BS650G

Nº de expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

32/00102-X/18

34493097C

Requirimento de documentación

14.6.2024

32/00123-X/22

76670856B

Requirimento de documentación

9.4.2024