Ao abeiro do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, intentada a notificación do requirimento de documentación ditado no trámite inicial no último enderezo coñecido da persoa interesada, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselle a través deste anuncio o dito requirimento á persoa citada no anexo, que é emprazada para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, compareza en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense (rúa Sáenz Díez, núm. 33, baixo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o contido íntegro do referido acto. Transcorrido o dito prazo, de non o facer, considerarase efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírteselle que, transcorrido o prazo que se indique no requirimento, contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia sen ter presentado a documentación, se paralizará o expediente con arquivamento das actuacións efectuadas, de conformidade co establecido no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Ourense, 20 de agosto de 2024
O director territorial de Ourense
P.A. (Artigo 35.2.1.e) do Decreto 139/2024, do 20 de maio)
Marta Conde Veloso
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa
Anexo
Procedemento BS650G
|
Nº de expediente |
Persoa interesada |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
|
32/00146-X/24 |
02178059M |
Requirimento de documentación |
19.6.2024 |
