DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 6 de setembro de 2024 Páx. 49732

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 2 de setembro de 2024, da Mesa de Valoración de Lugo, polo que se comunica a data do acto de poxa pública relativo ao procedemento de adxudicación, en réxime de compravenda ou alugueiro, de locais de negocio e prazas de garaxe propiedade deste instituto respecto aos inmobles sitos na provincia de Lugo.

O 9 de abril de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 69, a Resolución do 15 de marzo de 2024 pola que se anunciaba o procedemento de adxudicación, mediante poxa, en réxime de compravenda ou alugueiro, de locais de negocio e prazas de garaxe propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

De acordo co previsto na condición 10.2 do prego de condicións que regula o mencionado procedemento, así como no número 8 da citada Resolución do 15 de marzo de 2024 «O acto da poxa será público e a súa realización levarase a cabo no lugar, na data e na hora que se indique no anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web do IGVS: http://igvs.xunta.es/web/igvs/350».

Tendo en conta o anterior, faise público que a apertura das ofertas económicas e o acto de poxa pública terán lugar o día 23 de setembro de 2024, ás 13.00 horas, na sala de xuntas do edificio do Instituto Galego da Vivenda e Solo, na avenida Ramón Ferreiro, 28, de Lugo.

Lugo, 2 de setembro de 2024

Alberto José López Díaz
Presidente da Mesa de Valoración de Lugo