DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 6 de setembro de 2024 Páx. 49733

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambados

ANUNCIO de información pública do Plan especial de infraestruturas de prolongación da rúa Pacheca ata a rúa do Castro.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Cambados, na sesión extraordinaria que tivo lugar o 2 de agosto de 2024, adoptou o acordo de aprobación inicial do Plan especial de infraestuturas de prolongación da rúa Pacheca ata a rúa do Castro.

De conformidade co disposto no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública durante o prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da última publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Diario de Arousa.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado/a en días hábiles na casa do Concello (praza do Concello, 1, das 9.00 ás 14.00 horas), así como no portal de transparencia da sede electrónica da entidade (https://cambados.sedelectronica.gal), para formular as alegacións que se consideren pertinentes.

De acordo co disposto no artigo 47 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 86 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente, coas excepcións previstas no Regulamento da Lei do solo.

Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos, contados desde esta aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do plan especial.

Cambados, 2 de agosto de 2024

Samuel Lago Ozón
Alcalde