DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 6 de setembro de 2024 Páx. 49719

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de agosto de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente MON-CO-0086-2022 FOR.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola directora territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 26 de agosto de 2024

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: MON-CO-0086-2022 FOR.

DNI denunciada: 76358852W.

Acto de notificación: apercibimento previo a multas coercitivas.