De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro) do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñeceren o contido integro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Mª Victoria Moreno, número 43, Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen compareceren, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Pontevedra, 26 de agosto de 2024
Antonio Crespo Iglesias
Director territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
Persoa interesada |
Acto de notificación |
|
INC-PO-0008/2024-LSA |
Y5047732M |
Resolución de expediente |
|
MON-PO-0047/2024-CSA |
53112767V |
Incoación de expediente |
|
MON-PO-0048/2024-CSA |
53112767V |
Incoación de expediente |
