DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 6 de setembro de 2024 Páx. 49721

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 1 de agosto de 2024, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de vertedura no concello de Lousame (expediente DH.V15.102957).

En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:

Solicitante: Concello de Lousame.

NIF: P1504300C.

Expediente: DH.V15.102957.

Lugar: Croído.

Parroquia: Lousame.

Concello: Lousame.

Tipo de vertedura: augas residuais domésticas depuradas.

Caudal máximo anual: 40.084 m3/ano.

Punto de vertedura: X=511.255; Y=4.735.805.

Medio receptor: rego Pesqueira (bacía da ría de Muros e Noia).

Tratamento/evacuación: as augas residuais domésticas recollidas no saneamento dos núcleos da Costa, A Silva, As Quintáns e Berrimes, todos eles pertencentes a parroquia de Lousame, son tratadas nun sistema de depuración constituído por decantador primario, reactor biolóxico e decantador secundario, deseñado para 382 habitantes equivalentes, antes da súa vertedura ao rego Pesqueira mediante condución de PVC.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela, solicitando cita previa no teléfono 981 54 50 87.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2024

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras