De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar a notificación persoal dúas veces, é emprazada a sociedade interesada para ser notificada por comparecencia.
Polo que, por medio deste anuncio, os actos administrativos ditados en relación co procedemento sancionador en materia de conservación da natureza son notificados á sociedade indicada no anexo.
Para o coñecemento íntegro de tal acto e a constancia deste, a dita sociedade interesada poderá comparecer no prazo e lugar que se sinalan a continuación:
– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).
– Na sede desta dirección territorial provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, andar 8º, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Despois de transcorrer o devandito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
A Coruña, 26 de agosto de 2024
Mª Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Número de expediente |
Persoa interesada DNI/NIF/NIE |
Acto |
|
CON-CO-0026/2024-V |
B15263171 |
Acordo de inicio |
