DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 6 de setembro de 2024 Páx. 49683

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 26 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se comunica o requirimento da folla de valoración dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación do parque eólico Airas (expediente 121-EOL).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas o requirimento da folla de valoración dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación do parque eólico Airas, dos predios que se detallan no cadro anexo, de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Os interesados poderán presentar, no prazo de 20 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración en que se concrete o valor da indemnización que consideren que lles corresponde pola imposición das servidumes de paso dos predios que figuran na relación.

Lugo, 26 de agosto de 2024

Jesús Montouto González
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 121-EOL.

Denominación: parque eólico Airas.

Requirimento: folla de valoración.

Concello de Alfoz.

Predio

Pol.

Parc.

Propietario

6

69

545

Fiscal da Audiencia Provincial (descoñecido)

15

56

239

Fiscal da Audiencia Provincial (descoñecido)

15

56

239

Hrdos. Antonio Carreiras Bermúdez

30

56

145

Fiscal da Audiencia Provincial (descoñecido)

68

47

119

Fiscal da Audiencia Provincial (descoñecido)

76

47

272

Humberto Díaz Ramil

100

69

787a

Fiscal da Audiencia Provincial (descoñecido)

104

56

436

Fiscal da Audiencia Provincial (descoñecido)

105

56

435

Fiscal da Audiencia Provincial (descoñecido)

123

56

414

Fiscal da Audiencia Provincial (descoñecido)

135

47

540

Fiscal da Audiencia Provincial (descoñecido)

141

55

208

Josefa Díaz Maseda