Mediante a Resolución do 6 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, fíxose público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de febreiro de 2024, polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Serra da Lagoa, situadas no concello de Baralla (Lugo), promovido por Enerxías Renovables de Galicia, S.A. (expediente LU-11/137-EOL).
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma.
As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, na sede da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, sita no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Transcorrido o dito prazo indicado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2024
Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
ANEXO
|
Predio do proxecto |
Interesado/a |
Polígono |
Parcela |
Concello |
Acto que se notifica |
|
33 |
Valerio García Varela |
68 |
422 |
Baralla |
Declaración de utilidade pública |
|
33 |
Eudosia Rodríguez Rodríguez |
68 |
422 |
Baralla |
Declaración de utilidade pública |
|
54.8 |
José Antonio González |
68 |
1560 |
Baralla |
Declaración de utilidade pública |
|
54.9 |
Juan López |
68 |
1561 |
Baralla |
Declaración de utilidade pública |
|
54.26 |
Descoñecido |
68 |
1577 |
Baralla |
Declaración de utilidade pública |
