DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 6 de setembro de 2024 Páx. 49707

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 23 de agosto de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2022/374-1.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas e, particularmente, ás relacionadas no anexo que segue a este escrito, ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMT TA2808-apoios de 9LJHI14A//54-A-12-1 a 9LETLLNF//54-A-12-4, no concello de Outes (expediente IN407A 2022/374-1), acto que se realizará, en primeiro lugar, sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do mencionado concello, seguindo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas titulares dos bens ou dereitos afectados por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 23 de agosto de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/374-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMT TA2808-apoios de 9LJHI14A//54-A-12-1 a 9LETLLNF//54-A-12-4.

Concello: Outes.

Nº predio

Concello

Lugar

Datos catastrais

Titular

Data

Hora

4

Outes

O Prado

15063C507018190000LP

Descoñecido

15.10.2024

10.45