DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 6 de setembro de 2024 Páx. 49703

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ames (expediente IN407A 2023/450-1).

Expediente: IN407A 2023/450-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: CT e RB As Buceleiras.

Concello: Ames.

Feitos:

1. O día 17 de outubro do 2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica.

Co fin de atender unha petición de subministración de 43,65 kW no lugar de Buceleiras, no concello de Ames, proxéctase un aumento de potencia do centro de transformación CT Outeiro (15CBTK, expediente IN407A 02/8) de 160 kVA alimentado pola liña de distribución de media tensión SNT822, procedente da subestación Santiago, instalando un novo transformador de 250 kVA.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña, ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, e que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución denominado CT, RBT Buceleiras, asinado o 19 de setembro de 2023 por Abel Fernández Bermúdez, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñaría Eléctrica, con número colexial 4.793 de Vigo (Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Vigo).

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG número 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puider prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica corrrespondente. Solicitóuselle o preceptivo informe ao Servizo do Patrimonio Cultural-Dirección Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña; á Dirección Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña; a Augas de Galicia (Zona Hidrográfica Galicia Norte)-Dirección Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Coruña e ao Concello de Ames. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos polos organismos afectados, isto é, Patrimonio e o Concello.

4. O 9 de agosto de 2024 emitiuse un informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para resolver os procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG número 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG número 98, do 25 de maio), consonte a disposición adicional décimo segunda e a disposición transitoria primeira do Decreto 49/2024, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG número 81, do 24 de abril).

Segunda. Lexislación de aplicación:

– A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG número 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están no lugar kde Buceleiras, concello de Ames.

– Repotenciación do CT Outeiro (15CBTK, expediente IN407A 02/8) de 160 kVA con relación de transformación de 20.000/400-230 V instalado en envolvente prefabricada e alimentado pola LMT SNT822, procedente da subestación Santiago, instalando un novo trafo de 250 kVA e retirada do existente.

Cuarto. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 14 de agosto de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña